Independencia de Portugal

Este artigo trata do nacemento do reino de Portugal na Idade Media. Para a independencia de Portugal do reino de Filipe IV de España (Filipe III de Portugal), véxase Historia de Portugal#Casa de Braganza#Independencia.
Hispania no 721 d.C. unha vez finalizada a conquista musulmá dos territorios dos últimos reis visigodos.
A Península Ibérica o ano 1037.
O condado portucalense
Estatua de Afonso Henriques en Guimarães

Aínda que a teoría clásica da historia española sostén, sen fundamento, unha moi rápida ocupación musulmá da Península Ibérica e unha suposta Reconquista polos descendentes dos visigodos, na relidade a súa presenza no noroeste peninsular foi, de existiren, efémera. Neste espazo cristian axiña se desenvolveu un novo estado, o reino da Galiza, do que nacerían andando os anos outros como Castela ou Portugal.

O rei Afonso III de Galicia (848-910) conquista, en 868, a cidade do Porto e, en 878, a de Coímbra. Ordena a redacción das súas crónicas, coas que pretendía establecer un vinculo xenealóxico entre el e os derradeiros reis visigodos.

Á súa morte dividuiu o seu reino entre os seus fillos: a Ordoño deixoulle a franxa occidental —a actual Galicia e norte de Portugal—, como rei de Galicia); a Froila, a franxa cantábrica —actuais Asturias e Cantabria— como rei de Asturias), e a García I, a cidade de León co seu territorio, o chamado territorio legionense ou terra de foris. Unha zona de expansión onde remataría por establecerse a capital do reino.

Algúns anos máis tarde, o rei Afonso VI de León recibe a axuda, para a reconquista do reino de Galicia das incursións dos almorábides, de dous cruzados franceses, os primos Raimundo e Henrique de Borgoña e, como premio, dálles as mans das súas fillas Urraca e Tareixa, respectivamente, coas dotes dos condados de Galicia e Portugal (este último feudatario do de Galicia), nos que diviudiu o reino de Galicia. En 1096 Afonso, descontento coa política de Raimundo, desvincula o condado Portucalense do de Galicia, dándolle plena autonomía a este último, que pasa a ser feudo directo do rei de León.

Deste condado nacería o reino de Portugal. Henrique gobernou no sentido de conseguir unha máis ampla autonomía para o seu condado, deixándolle ao seu fillo Afonso Henriques unha terra portucalense máis libre, e máis ampla territorialmente, da que recibira. Á morte de Henrique (1112) sucedeulle no goberno do condado a súa viúva Tareixa durante a minoridade do fillo de ambos, Afonso Henriques.

Inicialmente, o pensamento de Tareixa foi igual que o do seu espopso, fortalecer a vida portucalense en conseguir a independencia para o condado. E así, en 1121, comezou a titularse como raíña. Pero os moitos conflitos coa nobreza, coa xerarquía eclesíástica, e a influencia que concedeu a algúns nobres galegos do norte, especialmente a Fernando Pérez de Traba na xestión dos negocios públicos, prexudicou o seu esforzo, sendo obrigada a abandonar as súas pretensións e a cambiar de política e, finalmente, a abdicar no seu fillo, que se rebelara contra ela.

En efecto, Afonso Henriques, aos 14 anos de idade, en 1125, apoiado pola nobreza portuguesa e o alto clero, armouse por si mesmo cabaleiro no desterro, en Tui. A loita entre Afonso Henriques e a súa nai culmina o 24 de xullo de 1128 na batalla de San Mamede (Guimarães), tras a que Tareixa, derrotada, é explusada da terra que dirixira durante 15 anos; Afonso tomou a plena posesión do condado, e declarouno, despois da batalla de Ourique, reino idependente.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search